Chamada á participación para as X Xornadas sobre Software Libre de GPUL.
As tradicionais xornadas sobre Software Libre de GPUL chegan á súa décima edición.
As datas previstas para a súa celebración son do 19 ao 23 de abril de 2009.
Coma sempre, o evento consistirá nunha serie de charlas e obradoiros con contidos do máis heteroxéneo, pero sempre xirando arredor do mundo do software libre, os estándares abertos ou mesmo a cultura libre.
As xornadas son o principal vehículo da asociación para o intercambio de coñecementos e ideas entre os socios, alumnos da facultade de informática e calquera interesado en participar no evento, ben organizando ou axudando nalgunha das actividades ou simplemente asistindo ás mesmas.
A xente interesada en realizar algunha charla/obradoiro/evento ten que enviar unha proposta, que inclúa o título e un pequeno resumo comentando a actividade proposta a info@gpul.org.
É útil, ademais, incluir a seguinte información adicional:
- nivel de coñecemento requerido da audiencia (básico-medio-alto) para o aproveitamento da actividade
- duración do evento (tratando no posible que non sexa superior a 1 hora)
- dispoñibilidade do ponente (días, horas...), para a confección do programa final das xornadas
- necesidades loxísticas para a realización do evento
A data límite para a aceptación de propostas é o xoves 8 de abril de 2009.
Comentarios
Aunque pondremos un aviso
Aunque pondremos un aviso decente al respecto, adelantar que hemos pospuesto las jornadas de SL para el comienzo del curso 2010/11.