blog de gpul

GIT dende o principio

O próximo mércores 23 de abril de 2014 terá lugar na Facultade de Informática da Coruña a próxima charla dentro do ciclo Xoves Libres que organiza GPUL.  Esta vez versará sobre o sistema de control de versións GIT e será impartida por Santiago Saavedra López, presidente da nosa asociación.

Gañador do concurso XV aniversario

Xa temos gañador do concurso de deseño dun logo para conmemorar o XV aniversario do GPUL.

Primeiramente agradecer a tódolos participantes no concurso que dedicaron un gran esforzo no deseño de tódolos logos e a tódolos socios de GPUL que participaron nas votacións, que quedaron da seguinte maneira:

1º Ali Moreira

100 € + Raspberry Pi totalmente configurada con accesorios

Votación para o concurso do XV aniversario

Ábrese por fin a votación para escoller o logo conmemorativo do XV aniversario de GPUL.

Antes de nada cómpre pedir desculpas a todos os socios e sobre todo aos participantes no concurso xa que levamos unhas semanas traballando nunha pequena plataforma online de votación e diversas dificultades técnicas impedíronnos comezar con anterioridade.

Páginas

Subscribe to RSS: blog de gpul