Navegando entre WebKit e Chromium/Blink

Relator: Xabier Rodríguez Calvar

Data:

Mércores 19 de Marzo as 19:30

Laboratorio 0.1w da Facultade de Informática

 

Dende GPUL queremos presentar os Xoves Libres, un evento periódico de Software Libre e cultura libre, que terá lugar ao longo de varias semanas, alternando mércores e xoves. Realizaranse tanto charlas como talleres prácticos relacionados con diversos ámbitos, contando coa colaboración de diferentes empresas, así como proxectos singulares.

Xabier Rodríguez é socio e enxeñeiro da empresa Igalia, fundada na Coruña por dez persoas egresadas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, que a día de hoxe ten xente repartida por todo o mundo e que traballa na meirande parte en Software Libre.

O día 19 ás 19:30 estará de volta na Facultade de Informática para falar da súa experiencia en tecnoloxías libres de motores web, como son WebKit (usada no escritorio libre GNOME e nos produtos de Apple) e de Chromium/Blink (usada principalmente nos produtos de Google). Os temas a tratar serán a historia, estrutura da tecnoloxía, comunidades, fluxos de traballo, etc.

 

AdjuntoTamaño
xoves_libres_webkit.png783.29 KB