Document Freedom Day

Dende GPUL queremos celebrar o Dia da Liberdade de Documentos para mostrarlle ao público as grandes vantaxes que teñen os estándares abertos que nos permiten escoller un software determinado para o tratamento dos mesmos, sen obrigarnos a depender de dito software para modificar ou visualizar os documentos.

Chema Casanova é socio de GPUL, docente da Facultade de Informática e consultor de Software Libre para as Administracións Públicas no marco do seu traballo en Igalia.

Fará un pequeno percorrido polas obrigas que teñen ditas administracións nesta materia, partindo da UE ata chegar a Xunta de Galicia.

Jacobo Aragunde traballa tamén en Igalia, principalmente no desenvolvemento da suite ofimática LibreOffice.

Contaranos o funcionamento e filosofía da comunidade e particularmente leva tempo traballando en temas de interoperabilidade para soportar o estándar "aberto" dos "DocX" polo que nos poderá contar tamén algunhas cousas sobre estándares non libres.

Juan Antonio Añel é investigador en Física Atmosférica na Universidade de Vigo, colaborador co proxecto GNU e editor de GNUTICIAS (http://gnuticias.es.gnu.org).

Falaranos sobre a importancia dos estándares e os formatos libres xa que ten gran experiencia desenvolvendo aplicacións científicas baseadas en Software Libre.

 

 

AdjuntoTamaño
cartel.png650.92 KB