Como liberar o teu traballo cunha Licenza Libre

Como liberar o teu traballo cunha Licenza Libre

Rafael Rodríguez Gaioso é Coordinador da Oficina de Software Libre, integrada no Consorcio das universidades galegas, CIXUG. É membro fundador de MeLiSA, a asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide.

Fará unha introdución dalgunha das licenzas máis usadas para liberar código, e cales son os motivos polos que un programador decide publicar o seu traballo cunha licenza libre. Presentará a edición 2014 do Premio ao mellor TFG con licenza libre.

Pablo Belay. O caso práctico da liberación de XeoPesca como software libre

Pablo Belay é desenvolvedor e responsable da comunidade da aplicación GIS XeoPesca.
XeoPesca foi premiada con diferentes galardóns nos que destaca: Premio
ao mellor PFC con licenza libre 2013 e os Premios de PortalProgramas nas
categorías Maís revolucionario e Maior potencial de crecemento.

Na súa charla falaranos sobre dita aplicación e contará a súa experiencia na liberación de dita aplicación.

AdjuntoTamaño
charla_pbelay.jpg210.71 KB