GIT dende o principio

O próximo mércores 23 de abril de 2014 terá lugar na Facultade de Informática da Coruña a próxima charla dentro do ciclo Xoves Libres que organiza GPUL.  Esta vez versará sobre o sistema de control de versións GIT e será impartida por Santiago Saavedra López, presidente da nosa asociación.

Git é un sistema distribuido de control de versións, gratuido e open source, deseñado para manexar todo tipo de proxectos, dende os máis pequenos ata proxectos de gran embergadura, con velocidade e eficiencia.

É sinxelo de aprender e ao mesmo tempo dispón dun número moito máis elevado de características que outros sistemas como Subversion ou CVS.

Algúns exemplos son o seu tremendo sistema de ramas, a posibilidade de realizar commits en local sen ter que dispor de conexión a internet, mantendo repositorios locais e remotos o mesmo tempo ou a gran variedade de fluxos de traballo que permite realizar.

Santiago Saavedra é un apasionado de Git que comezará facendo unha pequena introducción ao control de versións con esta ferramenta, partindo dun nivel básico ata un avanzado nunha charla que terá lugar no laboratorio 0.1w da FIC o Mércores 23 as 18:30

AdjuntoTamaño
pdf_git_cartel.png989.25 KB