Proxecto Hermes

O Proxecto Hermes: Unha fibra óptica virtual arredor do mundo

hermes logo O Proxecto Hermes nace co obxectivo principal de levar o software libre a calquera lugar onde sexa necesitado pero non se dispón do ancho de banda suficiente como para descargalo. Os nosos destinatarios son países onde a banda ancha non existe, é demasiado cara, ou a compra das distribucións no estranxeiro é prohibitiva para o usuario/programador medio.

A IDEA

A bombilla se nos encendeu cando esta mensaxe fora de tema chegou á lista de seguridade wifi en Securityfocus.

Como operamos?

Nós lemos todas as mensaxes que recibamos no noso buzón de correo electrónico explicando:

  • Que software se necesita
  • Cal é o propósito deste software
  • Que problemas de conectividade hai na área do receptor
  • Cal é a dirección do receptor

Priorizaremos o noso traballo tomando como base a información suministrada e o noso orzamento. Envía un correo electrónico coa túa petición a: hermes at gpul dot org

COMPROMISO

Todos os custos de material, empaquetamento e envío correrán pola conta de GPUL ou do grupo de software libre asociado que realice o envío do software. Os receptores comprométense a convertirse eles mesmos en remitentes no caso de recibirmos unha petición similar na súa área, correndo os gastos pola súa conta neste caso (por suposto, se está dentro das súas capacidades). Deste xeito teremos unha cadea de remitentes e destinatarios na mesma zona.

Acerca de

GPUL logo Este é un proxecto do GPUL-CLUG. Como o mundo é grande abondo, e o noso orzamento e tradutores son limitados, desexamos asinar acordos con outros grupos de software libre que queiran unirse a nós :-) Tentaremos entrar en contacto con grupos en Europa Central, Norte e Sudamérica, Sudáfrica e as áreas de Asia e Pacífico para construir unha malla por todo o mundo.