Freeday4Girls. Xornada de software libre e muller.


O vindeiro día 26 de setembro de 2014 celébrase a xornada Freeday4Girls, un evento orientado a visualizar e promover o rol da muller no eido do software libre en Galicia.

Desde a Oficina de Software Libre do Consorcio das Universidade Galegas (CIXUG) quérese ofrecer un espazo onde amosar experiencias, testemuñas e formación ofrecidas por mulleres galegas no eido do software libre e orientado especialmente ao público novo (estudantes, persoas en busca de emprego, ou que simplemente lles interesa coñecer experiencias e persoas inspiradoras no eido do SWL, etc).

Por iso anímanos a asistir a esta xornada, onde poder coñecer proxectos, ferramentas e persoas que traballan e utilizan o software libre en diferentes disciplinas: creatividade, deseño, xestión, formación, etc.

A asistencia a este evento é de balde, pero é preciso inscribirse a través deste formulario de inscrición. A xornada tamén se poderá seguir vía streaming. Dende esta mesma páxina http://osl.cixug.es/freeday4girls/ dexiraremos unha ligazón para quen se queira conectar.

O evento terá lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo (Santiago de Compostela).

AdjuntoTamaño
FREEDAY4GIRLS-Logo-500x365.jpg53.67 KB