X Xornadas de Introducción a GNU/Linux e Software Libre

Comeza o novo curso e dende GPUL queremos dar a coñecer o Software Libre entre os novos estudantes da FIC. Para iso organizamos as nosas X Xornadas de Introducción a GNU/Linux e Software Libre, dirixido sobre todo a alumnos de primeiro ano.

A actividade realizarase no laboratorio 0.2 durante o Martes 30 deste mes de Setembro, en dóus horarios, un de maña (12:30-14:30) e outro de tarde (16:30-18:30) para que os asistentes escollan a opción que mellor se adapte aos seus horarios.

Nestas charlas mostraráselles aos asistentes os grandes beneficios do software libre e un pouco de historia do sistema operativo GNU/Linux para rematar cunha parte práctica na que se explicarán diversos comandos básicos para utilizar a terminal na distribución Ubuntu que serán necesarios e fundamentais ao longo da carreira.

 

Esta actividade, forma parte das actividades que GPUL realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.

AdjuntoTamaño
cartel.png733.03 KB