Hacklab Impresion 3D

Dende GPUL prácenos presentar o HackLab de impresión 3D, que arrancará
o xoves 23 de outubro ás 16:30 na Aula 2.0b da Facultade de Informática
da Coruña.

Xa dende hai tempo se está a ver unha gran evolución no mundo do
hardware libre, cunha maior presencia na sociedade. Froito desta
evolución son as impresoras 3d e o proxecto Clone Wars que
documentan como crear a túa propia impresora 3D.


GPUL, non quere quedar atrás neste mundo e inicia a súa andaina con
este HackLab que será en múltiplas sesións e como obxectivo rematar
montando unha impresora 3D para o uso dos GPULeiros e GPULeiras, aínda
que está aberto a que os asistentes tamén poidan montar a súa propia
impresora.

A idea do HackLab é a de crear un grupo de traballo cooperativo de
carácter aberto e fomentando a aprendizaxe autónoma e cooperativa de
tódolos membros.

Dende GPUL agradecemos que se estiveras interesado neste HackLab te
subscribises no formulario do evento tan pronto como puideras,
para poder permitirnos organizar mellor o evento.

Cartel do HackLab