Xoves Libres. ¿Queres participar?

Volven de novo a GPUL os Xoves Libres, un evento periódico de Software, Hardware e Cultura Libre en xeral, que ten lugar ao longo de varias semanas durante o 2º cuatrimestre universitario na Facultade de Informática da UDC.

Realizaranse todo tipo de actividades, dende charlas ata obradoiros prácticos relacionados con diversos ámbitos co fin de mostrar as vantaxes do software libre e facer ver que se atopa tremendamente presente no día a día de usuarios e desenvolvedores.  

Se tes algún proxecto libre que che gustaría contar a xente, coñeces unha tecnoloxía molona e che apetece compartir os teus coñecementos ou traballas nunha empresa que desenvolve/utiliza software libre e queres fomentar o seu uso, non dubides en apuntarte no noso Call For Abstracts.

Os horarios e as datas son totalmente flexibles, a idea é comezar sobre as primeiras semanas de Febreiro de 2015 e realizar unha sesión semanal entre o mércores ou o xoves, pero por suposto adaptámonos as datas e as horas das que os poñentes dispoñan.

No seguinte enlace poderás enviar a actividade que nos queiras propoñer:

https://www.gpul.org/indico/conferenceDisplay.py?ovw=True&confId=26

Para calquera dúbida podes escribirnos a info@gpul.org ou ao noso twitter @gpul_, agradecemosvos enormemente a vosa colaboración, tanto se vos decidides a mandar unha actividade como se simplemente que nos axudades na difusión de esta petición de contribucións ;)