Convocatoria Asamblea Ordinaria 19/12/2014

Pola presente, convócase Asamblea Ordinaria de GPUL para o venres 19 de decembro de 2014 na Aula 2.0a da Facultade de Informática.

Primeira convocatoria: 19:30
Segunda convocatoria: 20:00

Orde do día:

- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea anterior.
- Lectura de altas e baixas de socios desde a última Asemblea.
- Lectura e aprobación, se procede, das Contas de 2013.
- Estado das Contas de 2014.
- Lectura e aprobación, se procede, da Memoria de Actividades de 2014.
- Discusión e aprobación, se procede, dunha política de difusión para os eventos de GPUL.
- Discusión e aprobación, se procede, de actividades a levar a cabo no ano 2015 en concreto unha en conmemoración do 16 Aniversario de GPUL.
- Discusión e aprobación, se procede, sobre facer a GPUL socia de  Fiare Galicia.
- Rogos e preguntas. 
Os socios poderán propoñer novos puntos na Orde do día. Tal e como se especifica no capítulo II artigo 19 dos Estatutos a convocatoria (incluíndo a Orde do día pechada) debe ser comunicada cun mínimo de 15 días de antelación. Polo que calquera modificación que se queira facer á Orde do día deberá ser proposta coa suficiente antelación.


En caso de non poder celebrarse na Aula de Graos comunicarase unha aula alternativa con tempo suficiente.

Adxúntase copia da Acta da última Asamblea para a súa revisión por parte dos socios e futuros asistentes.

Asdo.

Marcos Chavarría,
Secretario do GPUL.