Campaña Tecnoloxía Libre de Conflito

Dende a ONG para a cooperación ao desenvolvemento ALBOAN lanzaron en Xuño unha campaña chamada "Tecnología Libre de Conflicto", coa que pretenden concienciar a ciudadanía sobre o conflito que máis mortes está a causar dende a Segunda Guerra Mundial, a guerra no Congo. A particularidade de esta campaña é que informan de que existe unha conexión entre dita guerra no Congo e o consumo de tecnoloxía, en concreto os teléfonos móbiles.

É unha campaña que está a ter moi boa acollida xa que plantexan diferentes maneiras de colaborar, entre elas a reciclaxe do móbil, co que evitamos que ditos aparellos rematen en vertedeiros tecnolóxicos en paises coma no Congo.

Nestes momentos están a lanzar unha acción de captación de firmas que enviarán aos nosos representantes no Parlamento Europeo pedíndolles unha regulación europea que evite que o comercio internacional de mineráis alimente este tipo de conflictos armados. Por iso precisan difundir esta campaña para mobilizar a acción ciudadana a FIRMAR por una tecnoloxía libre de conflito (a través de Change.org) no link www.tecnologialibredeconflicto.org/firma

 Se queredes obter máis información, adxuntamos unha pequena explicación que dende a ONG nos remiten así como a web da campaña www.tecnologialibredeconflicto.org onde poderedes atopar fotos, videos e outros materiales de interese.