¿Pensas en participar no GSOC ou no Outreachy?

Volven os XovesLibres de GPUL un ano máis a Facultade de Informática da UDC repetindo charla motivacional sobre o Google Summer of Code e outros programas similares cos que poderás contribuir o software libre, facer curriculum e encima que che paguen por elo mentras estás estudando.

O próximo xoves 12 de marzo as 17:00 organizaremos no Lab 0.1w da Facultade de Informática da Coruña unha pequena charla co obxectivo de animar á xente interesada a participar en programas de mentorización no desenvolvemento de software libre, coma o Google Summer of Code, o Outreachy (antigo Outreach Program for Women), o Google Code-In, etc.

Nesta actividade, persoas que participaron en anos anteriores falarán da súa experiencia, e darán consellos a hora de participar nestos programas.

A continuación deixámosvos uns enlaces interesantes:

AdjuntoTamaño
cartel_gsoc.png380.33 KB