Taller de instalación de GNU/Linux

 

 

Un ano máis GPUL e a Oficina de Software Libre estamos a organizar dous obradoiros coa idea de axudar aos estudantes da Facultade de Informática a instalar e configurar un sistema operativo libre no seu portatil.

Ademais, darase a coñecer as características máis importante do Software Libre, do sistema operativo instalado, e resolveranse todas aquelas preguntas que poidan ter sobre o tema.

O evento terá lugar en dúas quendas, unha de maña e outra de tarde na Aula 2.1a:

27 de setembro de 10:30-14:30

28 de setembro de 15:30-19:30

O acceso ao taller realizarase previa inscrición ata completar o aforo da aula (30 persoas):

http://osl.cixug.es/taller-de-instalacion-de-gnulinux-na-facultade-de-informatica-da-udc-2/

AdjuntoTamaño
cartel_impresion.png251.14 KB