Hackathiño de Datos Abertos

Este ano comezamos forte da man de Árticos, do GDG Coruña e dentro do programa Coruña Dixital centrándonos no Open Data a través do Hackatiño de Datos Abertos que terá lugar os próximos días 22 e 23 de Outubro no espacio Normal da Universidade da Coruña.

O Hackathiño é un hackathon, pero máis da terra e que nesta edición vaise centrar en pequenos colectivos, asociacións, pemes, etc co obxectivo de animalos a liberar os seus datos e mostrarlles as cousas superinteresantes que se poden chegar a facer apostando polos datos abertos.

Desenvolvedores e colectivos propoñerán proxectos e traballarán en equipo durante unha fin de semana co fin de presentar o domingo pola tarde un pequeno prototipo funcional baseado en datos abertos.

A entrada é totalmente de balde e por suposto teremos algún premio para os mellores proxectos e comida para tódolos asistentes que disfrutarán dun ambiente de innovación e no que pasar unha fin de semana aprendendo, facendo networking e por suposto, pasandoo moi ben.

Tamén temos uns posts nos que propoñer ideas e fontes de datos para utilizar durante o evento e animámovos enormemente a aportar ideas ;)

Mais información na web hackathino.gpul.org

 

AdjuntoTamaño
hackathino_small.png606.85 KB