XII Xornadas de introducción a GNU/Linux e Software Libre

E seguimos neste comezo de curso a tope, esta vez cun pequeno taller de introducción ao Software Libre e a GNU/Linux no que coma tódolos anos, ensinarémosvos a todos os que o desexedes, os comandos básicos para traballar coa terminal en GNU/Linux, mais concretamente da distribución Ubuntu que se utiliza na Facultade, e faremos unha pequena intro ao que é o software libre e porqué mola tanto.

A charla terá lugar o próximo Xoves 13 de Outubro no laboratorio 1.2 de 18:00 - 20:00

A entrada é totalmente libre e non é preciso apuntarse, así que esperámosvos!! :)

AdjuntoTamaño
intro_linux.png267.66 KB