Actividade para promocionar o GSoC e os programas de mentorización

GSOC 2014O próximo xoves 6 de marzo de 2014 as 20:00 organizaremos na Aula 3.0 da Facultade de Informática da Coruña un encontro co obxectivo de animar á xente interesada a participar en programas de mentorización no desenvolvemento de software libre, coma o Google Summer of Code, o Outreach Program for Women, o Google Code-In, etc.

Nesta actividade, persoas que participaron en anos anteriores falarán de forma informal da súa experiencia, e darán consellos a hora de participar nestos programas.

Aconsellamos á xente interesada que asista á actividade, así coma que consulte os enlaces seguintes e comece a traballar na comunidade pola que queira participar: