Cursos de verán da USC sobre software libre

Chéganos estas novas sobre uns interesantes cursos relacionados co software libre, sobre robótica e filosofía,  encadrados nos cursos de verán da USC:

II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09

(http://www.dec.usc.es/xcarfos/)

Curso da "UNIVERSIDADE DE VERÁN 2009" da Universidade de Santiago de Compostela

(http://www.usc.es/cultura/uveran09.htm)

 

Datas: 14, 15, 16 e 17 de xullo de 2009

Asamblea Xeral Extraordinaria de GPUL: 28 de maio

Asamblea Xeral Extraordinaria de GPUL

Lugar: Aula de Graos (Planta 2). Facultade de Informática da Coruña
Data: Xoves 28 de maio de 2009
Primeira convocatoria: 18:30 Segunda convocatoria: 19:00
Orde do día:

   1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
   2. Asuntos de trámite
   3. Informes da directiva
   4. Reglamento de socios
   5. Colaboración con Trasno
   6. Convenio de Colaboración con ESF
   7. Federación de LUGs
   8. Actividades de verán
   9. Rogos e preguntas

A Coruña, 12 de maio de 2009

Importante: Publicada aula da asamblea.

IX Xornadas Sobre Software Libre

O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux organiza, por novena ocasión, as Xornadas sobre Software Libre, na Facultade de Informática de Coruña.
Seguindo a tradición en GPUL, estas xornadas son unha oportunidade para compartir experiencias e coñecementos adquiridos polos poñentes, sobre temas variados que van dende a administración de sistemas á edición de partituras, coa comunidade universitaria, aficionados e profesionais.

Este ano terán lugar un total de 13 ponencias nestas xornadas organizadas pola nosa asociación.

E coma sempre, o acceso é libre, soamente limitado polo aforo e darase un certificado de asistencia as persoas que o soliciten.

Pódese ver o cartel del evento neste documento.

Horario das Xornadas

  Luns 20 Martes 21 Mércores 22 Xoves 23
Mañá   12:30 - 13:30 Traballando con partituras con Software Libre 12:00 - 13:30 Python 11:30 - 12:30 Proceso de Migración a Software Libre en ESF Coruña
      12:40 - 14:00 Entornos de escritorio en sistemas libres
Tarde 16:45 Inauguración 16:30 - 17:30 Introducción a GIS 17:00 - 18:45 Debian: Presentación do proxecto e obradoiro de instalación 17:30 - 18:30 Inet4All
17:00 - 18:30 Soft. Libre para docencia: Trisquel Edu 17:45 - 18:45 Adaptación de GIS libre para a mellora de rendemento de tareas cartográficas 19:00 - 20:15 Documentos de Alta calidade con Latex 18:45 - 20:00 Concurso RTB
18:30 - 19:30 Tutorial RTB 19:00 - 20:00 Introducción ós servicios OpenGIS    

Páginas

Subscribe to GPUL RSS