GPUL Labs 2017

GPUL Labs naceu o ano pasado co obxectivo de xuntar a desenvolvedores e membros da comunidade maker para aprender novas tecnoloxías e realizar proxectos reais de software íntegramente con Software Libre, contribuindo a comunidade e adquirindo experiencia ao mesmo tempo.

O evento foi un rotundo éxito durante os 3 meses que durou, nun total de 11 charlas sobre tecnoloxías libres impartidas por poñentes das máis punteiras empresas e asociacións do entorno galego así como nos 2 hackathons realizados dos que xurdieron máis de 10 proxectos diferentes.

A repercusión dos GPUL Labs extendeuse por todo o territorio autonómico contando con máis de 450 asistentes, 3 sponsors internacionales e 8 empresas colaboradoras.

É por isto que este ano queremos repetir a experiencia e seguir medrando, podedes ver máis sobre os GPUL Labs na web https://labs.gpul.org/ e se queredes dar unha charla, colaborar ou patrocinar, pasádevos polo seguinte repositorio https://github.com/gpul-labs/labs2017/ Contamos coa vosa asistencia para montar unha enorme e activa comunidade de Software Libre na Coruña :)