Guía para sobrevivir fóra da FIC
- Data: 2/12/2025
- Hora: 18:00
- Lugar: Aula sin asignar, Facultade de Informática
- Relatores: Pablo Castro, Brais Arias
Ano tras ano vemos como a tecnoloxía é un campo con moita saída laboral, moito sitio donde innovar e aprender cousas modernísimas e con tobogáns nas oficinas pero cando chegas a currar atópaste con código en Java 4, horas extra sin pagar e con unha cultura empresarial moi lonxe do que debería ser.
Nesta charla queremos falar da nosa experiencia polas diversas empresas polas que pasamos e facer unha intro ao noso sector para darche uns cuantos consellos prácticos co obxectivo de que a túa saída laboral sexa como ten que ser e non caigas onde non debes ;)
Veremos de qué vai iso do software libre, de cómo a idea de compartir coñecemento está a cambiar o mundo e do importante que é para o teu futuro profesional xa que ao final, para as empresas que importan, participar no software libre é o teu novo currículum.