Grupo de Programadores e Usuarios de Linux

A qué nos dedicamos

Software libre

Ver e reutilizar o código é fundamental para aprender, para estar seguros de ter privacidade e para mellorar o software.

Hardware libre

Igual que no software, no hardware tamén se poden publicar os planos e deseños para democratizar o acceso a tecnoloxía.

Coñecemento libre

Non nos podemos olvidar da importancia de compartir coñecemento libremente, sen restricións, mellorando a sociedade.

Freeing minds since 1998

Toda unha vida apoiando a tecnoloxía libre, facendo activismo e mostrándolle cada día a máis xente o importante que é para a sociedade.

anos promovendo a cultura libre

Os nosos fregados

Somos de meternos sempre en fregados, dende pequenas charlas e hackathons ata grandes conferencias internacionais con todo tipo de asociacións de software libre. Aquí algúns exemplos do que temos montado.

portfolio
GPUL Labs
portfolio
GUADEC
portfolio
Akademy
portfolio
Xornadas Libres
portfolio
hackathiño
portfolio
Dudes Conf
portfolio
GPUL School
portfolio
Xorg

Listas de correo

Somos un pouco vintage e seguimos usando listas de correo para as nosas comunicacións.

Organización de actividades

Organización

Xa o dí a palabra, nesta lista dedicamonos a "organizar" actividades e a mandar por aquí toda a información sobre elas. Se queres propoñer algún evento, dar unha charla ou colaborar en algo que facemos, está é a túa lista.

Suscribirme

Sobre todo ofertas de traballo

Misc

Aínda que non ten unha temática fixa, por aquí pódese mandar todo o que non encaixe no resto de listas. Vale para anunciar eventos de outras comunidades, cousas curiosas pero sobre todo é útil para enviar e recibir ofertas de traballo.

Suscribirme

Directiva actual

En GPUL somos unha gran comunidade na que nos encanta que todo o mundo participe pero alguén ten que se cargar cos papeleos, estos somos aos que nos toca agora mesmo :P

team

Jorge Teixeira

Presidente

team

David Maseda

Vicepresidente

team

Álvaro Freire

Tesoureiro

team

Paula Taibo

Secretaria

team

Bruno Cabado

Vogal

team

Pedro Costal

Vogal

team

Siyuan He

Vogal

Asóciate

Para asociarte envía un correo a altas@gpul.org cos seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • DNI/NIE/Pasaporte
  • Data de nacemento
  • Enderezo completo
  • Profesión/Carreira
  • Número de teléfono
  • Indica se estudas na UDC