Da FIC ao Nasdaq, a aventura de montar unha startup dende Galicia.
- Data: 24/2/2026
- Hora: 18:00
- Lugar: Aula 2.4, Facultade de Informática
- Relatores: Pablo Castro
Algúnha vez pensaches en montar a túa propia startup, pero non sabes por onde empezar? Ou crees que para triunfar hai que irse fóra? Esta charla é para ti.
No 2019, un grupo de amigos (algúns da FIC) xuntámonos con unha idea clara: queríamos facer cousas guais e montar unha empresa coa cultura que realmente a nós nos gustaría. Sen manual, sen contactos, pero con ganas. Así naceu Arengu, e o que comezou como un proxecto entre colegas, acabou levándonos a:
- Participar en Y Combinator, a mellor aceleradora de startups do mundo (sí, dende Galicia).
- Contratar equipo, escalar e aprender (a base de erros).
- Ser adquiridos por Okta, unha empresa cotizada en EE.UU.
Nesta charla, falaremos sen filtros de cómo foi o proceso:
- Que narices é unha startup (e que non é).
- Inversores, aceleradoras e rondas de inversión: cómo funcionan de verdade?
- Da FIC a Silicon Valley (sen saír de Galicia): por que o talento non ten fronteiras.
- Leccións aprendidas: que faríamos igual e que xamais repetiríamos.
Se tes esa curiosidade por emprender ou meterte en saraos, se crees que dende Galicia tamén se poden facer cousas grandes, ou simplemente se queres escoitar unha historia de emprendemento real (con luces e sombras), esta é a túa charla.