XVIII edición do Premio ao TFG Libre
O pasado 21 de novembro, celebrouse a entrega de premios da XVIII edición do concurso
Un ano máis, GPUL celebrou o Premio ao mellor traballo universitario con licenza libre, xa na súa XVIII edición e, desde fai un dous anos, en homenaxe a Alejo Pacín Jul, que fora membro da asociación e gañador do mesmo premio nunha edición pasada.
O pasado venres 21 de novembro, celebrouse no Gaiástech da Cidade da Cultura a entrega de premios, onde os cinco finalistas presentaron os seus traballos e se fixo a entrega do premio ao gañador Pablo Páramo.
Os cinco finalistas foron:
- Roi Martínez
- Pablo Páramo
- Xiana Carreira
- Gael Fernández
- Martín Garcia
Noraboa aos finalistas, ao gañador, e tamén a todas aquelas personas que se animaron a enviaron o seu traballo, facendo esta, unha vez máis, una edición exitosa do premio, que trataremos de manter no futuro.