XIX edición do Premio ao TFG Libre

O pasado 16 de outubro, celebrouse a entrega de premios da XIX edición do concurso

AsociaciónPremio TFG · 17 de outubro de 2026
XIX edición do Premio ao TFG Libre

Un ano máis, GPUL celebrou o Premio ao mellor traballo fin de estudos con licenza libre, xa pola súa XIX edición, nas últimas edicións en homenaxe a Alejo Pacín Jul. Ademáis, como novedade, nesta edición por primeira vez aceptáronse tamén traballos fin de ciclo, co que agora o premio inclúe tanto aos estudos universitarios como á formación profesional.

Unha vez avaliados os proxectos, nomeouse aos cinco finalistas:

  • Sergio Goyanes Legazpi: Sistematización y automatización del flujo de trabajo para la consulta de datos del HFLAV.
  • Mateo Aguirre Cancela: CorpusLab: Plataforma web colaborativa para el apoyo en tareas de anotación en proyectos científicos.
  • Daniel Feito Pin: MQTwister: una herramienta de código abierto para realizar ataques Man-in-the-Middle a sistemas IoT basados en el protocolo MQTT.
  • Yago Fernández Rego: Language model evaluation in regard to gender diversity and non-binary Galician language.
  • Rodrigo Dantés González Mantuano: Ferramenta de documentación e inventariado de redes de comunicación.

Cada un dos finalistas preparou unha pequena presentación para realizar ante os xuíces, quenes elixiron aos tres gañadores de entre os cinco finalistas, quedando a clasificación:

  1. Daniel Feito Pin
  2. Rodrigo Dantés González Manutano
  3. Sergio Goyanes Legazpi

Noraboa a todos os finalistas, aos gañadores, e a todas as persoas que se animaron a enviarnos o seu traballo, facendo esta, unha vez máis, unha edición exitosa do premio.

Tamén agradecemos a Melisa, e especialmente a Rafa Gaioso, pola súa axuda coa organización do premio.