Facerte socio/a
Como facerte socio/a de GPUL
Se che interesa o Software Libre e queres formar parte de GPUL, estás convidado/a a unirte como socio/a. A asociación está aberta a todas as persoas físicas con interese nos fins da asociación, con independencia da súa formación ou idade, sempre que cumpran cos requisitos establecidos.
Para asociarte
Envía un correo a altas@gpul.org cos seguintes datos:
- Nome e apelidos
- DNI/NIE/Pasaporte
- Data de nacemento
- Enderezo completo
- Profesión ou carreira que estás a estudar
- Número de teléfono
- Indica se estudas na UDC
A Xunta Directiva revisará a túa solicitude e comunicarache a aceptación ou non como socio/a.
Dereitos das persoas asociadas
Segundo os estatutos, as persoas socias numerarias e fundadoras teñen dereito a:
- Participar nas actividades organizadas por GPUL.
- Beneficiarse das vantaxes que a asociación poida ofrecer.
- Asistir ás Asembleas Xerais, con voz e voto.
- Ser elixibles para formar parte da Xunta Directiva.
- Recibir información sobre a actividade da asociación, orzamentos e acordos.
- Realizar suxestións para mellorar o funcionamento da asociación.
Os socios/as de honra tamén gozan destes dereitos, agás o voto e a elixibilidade para cargos, se así se especifica pola Asemblea Xeral.
Obrigas das persoas asociadas
As obrigas son mínimas e non hai unha participación obrigatoria. Porén, recóllense nos estatutos as seguintes obrigas:
- Cumprir cos estatutos e os acordos das Asembleas e Xunta Directiva.
- Asistir ás Asembleas Xerais.
- Abonar as cotas que se establezan (actualmente non hai cota de entrada nin obrigación de pagamento).
- Manter unha boa conduta cívica.
GPUL é unha asociación sen ánimo de lucro, formada maioritariamente por estudantes universitarios/as, e calquera persoa con interese pode participar e colaborar ao nivel que desexe.
Se tes dúbidas, podes escribirnos a info@gpul.org.